Rexistros e detencións de altos cargos cataláns en varias sedes da Generalitat
Entre os 14 detidos atópase o 'número dous' de Oriol Junqueras, por desobediencia, prevaricación e malversación.
Axentes ás portas dunha das sedes da Generalitat.
O operativo da Garda Civil cumprindo a orde do Xulgado número 13 de Barcelona deixou un balance de 20 persoas investigadas formalmente, 14 delas detidas, 41 rexistros e a intervención de 9,8 millóns de papeletas para votar 'Si/Non' no referendo suspendido polo Tribunal Constitucional.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC), a causa, que segue secreta, está aberta polos delitos de desobediencia, prevaricación e malversación. Nas distintas sedes da Generalitat, o rexistro limítase aos despachos de persoas que teñen condición de investigadas dentro da causa.
O dispositivo policial incluíu un rexistro nunha nave localizada no polígono industrial Can Barris da localidade de Bigues i Riells (Barcelona), onde se procedeu á intervención de 9.894.350 papeletas de votación, a práctica totalidade das que a Generalitat contaba para o referendo ilegal.
Escribe o teu comentario