Un novo colapso nas Urxencias do CHUS afectou a pacientes graves

A asociación de pacientes compostelá denuncia que aínda hai 170 camas pechadas nos hospitais da cidade.


|

PasillosurgenciasCHUS

Imaxe de arquivo dun colapso nas Urxencias do CHUS.


A pesar das reiteradas queixas dos pacientes, as Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), continúan sumando situacións de colapso cada mes.


A asociación de pacientes e usuarios do CHUS denuncia que este luns volveron xuntarse "14 pacientes graves colocados en cadeiras de rodas e padiolas nos corredores de acceso ao servizo de Urxencias". Nun comunicado, a asociación relata que "un total de 18 pacientes pendentes de ingreso, con cama asignada, ocupaban a sala de observación".


O colectivo critica, ademais, que "mentres se produce esta intolerable e reiterada conduta por parte dos responsables do CHUS, seguen pechadas 129 camas no Hospital Provincial de Conxo e 42 no Gil Casares".


No seu comunicado afirman que o "malos tratos asistenciais" continuou tras a toma de posesión da nova xerente da EOXI de Compostela a finais do mes de febreiro.


Así, lembran todos os casos de colapsos denunciados pola asociación, que en medio ano detectaron "48 pacientes de diversa gravidade colocados no corredor de acceso esperando horas para recibir a primeira atención facultativa e máis de 126 pacientes ocupando zonas de traballo en espera de ingreso en planta".


Así , repasan a "crónica dos malos tratos asistenciais":


- 10/03/2017: ás 15:10 horas, 5 pacientes graves colocados nos corredores de acceso e 26 pendentes de ingreso con cama asignada ocupando a zona de traballo. As zonas de monitoraxe e curas cheas.

- 18/05/2017: ás 13:40 horas comeza a colocarse pacientes en cadeiras de rodas no corredor de acceso. Ás 17:30 horas 5 pacientes de gravidade intermedia seguían esperando no corredor para ser atendidos. A esta hora 20 pacientes estaban pendentes de ingreso ocupando o espazo de observación a pesar de que 15 xa tiñas asignada cama.

- 22/06/2017: ás 15:15 horas 36 pacientes con ingreso asinado, dos cales 17 xa tiñan cama asignada, esperaban o ingreso en planta. Ás 18:14 horas 7 pacientes graves estaban colocados no corredor de acceso en cadeiras de rodas e padiolas, con demoras de mais de 2 horas para ser atendidos en primeira consulta. A esa hora aínda 24 pacientes esperaban o ingreso en planta.

-31/07/2017: ás 16:13 horas 24 pacientes, dos cales 22 xa tiñan cama asignada, estaban a esperar o ingreso en planta. 5 pacientes de gravidade intermedia estaban colocados no corredor de acceso en cadeiras de rodas e padiolas, mentres 5 camas da zona de atención estaban pechadas sen que fosen abertas ata ás 16:14 horas. A última solicitude de cama foi o día anterior ás 19:00 horas, sen que se producisen os ingresos despois de transcorridas case 24 horas.

- 04/08/2017: ás 17:39 horas 12 pacientes graves estaban no corredor de acceso esperando a ser atendidos. 16 pacientes pendentes de ingreso ocupaban as zonas de traballo.

-05/08/2017: Desde as 15:00 horas o corredor de acceso está ocupado con pacientes graves en cadeiras de rodas e padiolas e ás 17:09 horas aínda quedaban 4 pacientes no corredor sen ser atendidos. O anexo de curas e 4 espazos da sala de observación pechados.

-18/08/2017: Toda a tarde o corredor de acceso ocupado con pacientes graves en cadeiras de rodas e padiolas, con esperas superiores a 2 horas. As zonas de observación ocupadas durante toda a tarde por pacientes en espera de ingreso.


relacionada Sanidade négase a admitir que o peche de camas causou problemas no verán
relacionada A Marea Branca alerta do "engano" da proposta privada das listas de espera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE