Andone: "Tranquilidade, este equipo ten moito que falar"
O dianteiro séntese máis importante esta tempada e defende que Pepe Mel "está moi encima" dos xogadores.
Andone, celebrando o seu gol en Riazor. Foto: RC Deportivo.
A intranquilidade polos malos resultados aínda non está a calar no vestiario do Dépor. Iso, polo menos, conta Florin Andone, que declara que "eu non estou nada nervioso. Estou moi confiado neste equipo, no corpo técnico. É verdade que de nove puntos só temos un, pero quedan 35 xornadas máis".
Polo tanto, o dianteiro pide ao deportivismo "tranquilidade, este equipo ten moito que falar". E tentarao na próxima cita. "Escapáronnos puntos e non tivemos a sorte ou a capacidade de gañar. Imos coa mentalidade de gañarlle ao Betis nun estadio moi complicado", conta o xogador.
Andone séntese "máis importante" este ano. "Síntome moito mellor, estaba moi tranquilo e confiado de que este ano ía ser mellor", explicou. Aínda que asume a autocrítica feita por Juanfran e recoñece que "hai xogadores bos que temos que subir o nivel", pero o vestiario confía.
O dianteiro contou que Pepe Mel "está moi encima de nós, quere corrixir cousas que fallamos nos partidos. Quérenos axudar, facer mellores. Corríxenos cousas a cada un individualmente e estanos axudando moito".
E sobre Pantilimon afirma que "é un gran porteiro que nos vai ofrecer seguridade baixo paus". E, sen menosprezar a Tyton e Rubén, incidiu en que "Pantilimon na selección é un líder no vestiario e aos poucos aquí collerá esa responsabilidade porque é dos que valen para iso".
Escribe o teu comentario