Juanfran fai autocrítica: "Temos que subir o nivel"
O lateral inclúese entre os xogadores que poden render mellor, aínda que pide ter "tranquilidade" de momento.
Juanfran, nun adestramento. Foto: RC Deportivo
As cousas non están a saír segundo o esperado no Dépor. E non só polos resultados. Juanfran Moreno compareceu este martes ante a prensa e asumiu parte da culpa. "Hai xogadores moi, moi importantes que non estiveron ou que teñen que subir o nivel", entre os que se incluíu.
E aínda que recoñeceu que "non estamos a facer bo fútbol", pediu "tranquilidade", porque "isto acaba de empezar, hai moita marxe de mellora".
O lateral do Dépor defende que "é verdade que encaixamos moito, pero tamén marcamos goles". Ademais, insiste en que nos adestramentos "viñamos con mellores sensacións no día a día do que se está demostrando".
Cre que unha das claves é defender "lonxe", algo que identifica como un dos acenos de Pepe Mel, ademais de "ser máis compactos desde o primeiro minuto, non esperar a primeira hostia".
En calquera caso, valora que "cando tes boas individualidades sabes que todo vai saír", e nesa situación ve ao Dépor.
Escribe o teu comentario