Andone: "Vou seguir fallando pero nunca me vou agochar"

|

AndoneriazorAndone loita un balón con Bruno Gama. Foto: RC Deportivo

A ocasións falladas ante o Real Madrid aínda pesan sobre Florin Andone, que recoñece que marchou "decepcionado" tras o encontro de Riazor.


O dianteiro afirma que sentiu que "lles fallaba" aos seus compañeiros. Con todo, sostén que "nunca me vou agochar, vou seguir fallando seguro pero seguireino tentando".


Andone defende que é "psicoloxicamente moi forte". Para reforzar esta idea revelou que "o ano pasado estiven a xogar dous meses roto e ninguén o sabía".


"O ano pasado se non estivese forte de cabeza, estaría tirado no banco e este ano xogando en Segunda outra vez. Tes días mellores e peores, non che sae sempre", reflexionou.


Sobre a lesión da semana pasada, conta que "en ningún momento quixen abandonar, permitiume xogar e as sensacións desta semana son mellores".


Tamén quixo atallar os rumores sobre a súa posible saída do Dépor. "Que eu saiba o club non contempla a miña saída por ningunha cantidade. Eu quero seguir aquí e o presi sábeo. A min gustaríame cumprir os anos de contrato porque estou no equipo no que quero estar", expresou.

relacionada As molestias de Andone van a menos e pode chegar ao partido do domingo
relacionada Andone: "Asino perder o que nos queda de pretempada e gañarlle ao Madrid"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress