As molestias de Andone van a menos e pode chegar ao partido do domingo

"Se non o vexo o máis próximo ao 100% quedará fóra", di Pepe Mel, que revela que a chegada de Lucas Pérez é unha promesa persoal de Tino Fernández.


|

PepemelabegondoPepe Mel, dirixindo un adestramento. Foto: RC Deportivo


Andone segue entre algodóns á espera de como evolucionan as súas molestias. Este venres quedou traballando no ximnasio, fóra do grupo, pero pode que estea para o partido ante o Real Madrid.


"Se non o vexo o máis próximo ao 100% quedará fóra", dixo Pepe Mel esta mañá en rolda de prensa, onde recoñeceu que "outro xogador xa se retiraría e non xogaría. El insiste en probar para estar e agradéceselle ese esforzo".


No tema do dianteiro volveu saír a posibilidade de que Lucas Pérez remate chegando este verán. "O presidente (Tino Fernández) díxome que podo contar con el e eu non teño máis remedio que crelo, porque me demostrou que cando se propón algo, conségueo", revelou o adestrador.


Mentres tanto, a receita de Pepe Mel pasa por saír intensos desde o primeiro segundo. "Non podemos caer en regalarlle os primeiros minutos do partido coma o ano pasado". "Se o Real Madrid só pensa cara a adiante divírtese, pásao ben, terá unha noite plácida e nada máis", analizou.


Nesta liña, quere un Dépor "serio, que compita, que xere ocasións, que lles faga irse cara atrás, que lles faga preocuparse da portería de Keylor Navas".


PALABRAS PARA A AFECCIÓN


Destaca que "se hai un valor seguro que ten o Deportivo como Club é a fidelidade da xente que vai a Riazor, a fidelidade mesmo dos que non van. Demostrárono non só agora, nas épocas nas que o Deportivo estaba en Segunda División. A eles non lles podemos pedir nada. É ao revés. Estamos en débeda coa xente e esperemos que este ano nos poidan felicitar".


Apunta Pepe Mel que o que quere é que "cando remate o partido a xente se sinta orgullosa do equipo, aínda que perdese. Estou seguro que se a xente vai orgullosa do equipo, non imos perder".

relacionada Cristiano Ronaldo non estará no arranque da liga en Riazor
relacionada Wenger ábrelle a porta de saída a Lucas Pérez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE