Pepe Mel recoñece o salto de calidade do Dépor: "Teño un gran equipo"
O adestrador non se agocha e asume que "será un fracaso persoal" se o equipo non fai unha "tempada digna".
Lucas Pérez e Pepe Mel. Foto: RC Deportivo
Tras o balance do mercado de fichaxes que fixo o director deportivo do Dépor, Pepe Mel felicita a Richard Barral pola confección do equipo.
"Teño un gran equipo, con tres excelentes dianteiros, oito defensas extraordinarios, bos porteiros, un gran medio do campo... E teño que descartar sete en cada convocatoria e sete máis nas aliñacións iniciais. Pero bendito problema", reflexionou o adestrador.
Neste escenario, asume que "agora depende do meu traballo sacarlle o maior froito posible, non me agocho", polo que se as cousas non saen "será un fracaso persoal". "Iso significa que xamais debemos estar pendentes dos apuros do pasado", explicou, polo que agarda "unha tempada digna".
LUCAS PÉREZ
Pepe Mel insistiu en que a chegada de Lucas "era un empeño persoal do presidente". "Tiña toda a certeza de que ía vir, ata o final. Estaba tranquilo, de momento Tino demostroume que traballa moi ben e cando ten algo metido na cabeza conségueo. Estou moi contento coa súa chegada", insistiu.
Tamén cre que Lucas e Andone poderán xogar xuntos. "Non creo que sexa un impedimento. E, se non, hai que buscar a fórmula. Ese é o meu traballo", aclarou.
Escribe o teu comentario