Lucas Pérez: "Non contemplaba outra opción que non fose o Deportivo"

O dianteiro manifesta que "hoxe é un día feliz, estou moi contento por estar onde quería" e conta que outros clubs entenderon o seu rexeitamento.


|

Lucasperezriazor



Ao final impúxose o desexo de Lucas Pérez de regresar ao Dépor, por encima dos intereses económicos do Arsenal. Iso manifestou o xogador tras pasar recoñecemento médico co club ao que chega cedido por unha tempada.


Lucas Pérez quixo, iso si, agradecer ao Arsenal que acabase por aceptar a súa decisión. "Eles pecharan acordos con moitos clubs, pero deixeilles claro que a miña intención era o Deportivo, non contemplaba outra opción", dixo.


"Non quero entrar nun número, pero o últimos tres ou catro días de mercado falei con bastantes dirctores deportivos e adestradores", dos que asegura que comprenderon o seu rexeitamento.


Agora o que quere saber é como o Dépor logrou a cesión, por iso quererá "falar con Tino Fernández para saber que é o que fixo para desbloquear a situación".


"Hoxe é un día feliz, estou moi contento por estar onde quería", manifestou, para afirmar que espera poñerse canto antes ás ordes de Pepe Mel. Iso si, recoñece que "veño de adestrar, pero non fixen a mellor pretemporada da miña vida".


Segundo o dianteiro, está "para empezar xa, non estou para perder tempo". E aclara as súas intencións: "non veño só pensando na selección, o meu gran reto é facelo ben no Deportivo, que quede claro. Quero axudar ao club, estar onde sempre quixen estar. Pero se chega o meu gran soño, benvido sexa".


relacionada Lucas Pérez, de volta 366 días despois
relacionada O culebrón Lucas Pérez apura os prazos do mercado de fichaxes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE