O culebrón Lucas Pérez apura os prazos do mercado de fichaxes
O axente do dianteiro confirma o all-in do xogador e do Dépor por pechar co Arsenal a volta a Riazor.
O mercado non pecha ata o venres en España.
O axente de Lucas Pérez confirma o all-in do xogador e do Dépor por pechar co Arsenal a volta do dianteiro a Riazor.
Rodrigo Fernández Lovelle confirmou ao xornal andaluz Estadio Deportivo o interese a última hora do Sevilla para facerse con Lucas, oferta rexeitada. "Nós xa non imos deixar o Dépor. Fomos claros co Sevilla cando nos preguntaron", apostila o axente.
"Levamos dous meses pelexando xunto ao Deportivo e non o imos deixar tirado. Somos persoas! Temos que ir a morte con quen nos acompañou durante todo o camiño", insiste Fernández Lovelle.
E é que a posición do propio Lucas Pérez está a ser determinante para o seu futuro, que só contempla vestido de branquiazul. Polo camiño van quedando clubs que se interesaron ou chegaron a facer ofertas por el: Newcastle, Marsella, Lazio, Everton, Levante e Sevilla.
Así, todo se encamiña a que o dianteiro regrese a casa para pelexar polo equipo da súa cidade e tentar, de paso, conseguir un oco entre os elixidos para disputar o próximo Mundial.
Escribe o teu comentario