O Dépor aférrase á opción de que Lucas chegue cedido

O Arsenal non baixa dos 15 millóns para o traspaso e o mercado aperta tamén a outros clubs interesados.


|

Lucasperezseleccion


Ao mercado de fichaxes quédalle un suspiro que na Coruña parecen semanas. E é que parece que ata o último momento non se decidirá o destino de Lucas Pérez.


Con interese por parte de máis clubs españois, como o Levante, e outros equipos ingleses, con podería económico, o Dépor sonda agora a fórmula da cesión.


O Dépor descarta subir a oferta ata os 15 millóns que pide o Arsenal. Por iso, segundo distintos medios, a aposta agora é por unha cesión, a cambio de 3 millóns.


O xogador estivo a fin de semana na Coruña e é coñecido o seu desexo manifesto de regresar ao conxunto branquiazul, pero o aspecto económico non acaba de convencer aos gunners.


Mentres, na praza de Pontevedra trabállase tamén nun plan B para reforzar o ataque por se o galego finalmente acaba vestindo outra camiseta.

relacionada Wenger ábrelle a porta de saída a Lucas Pérez
relacionada Lucas Pérez, en venda, pero inalcanzable para o Dépor
relacionada Pepe Mel: "Preocúpame a fichaxe dun dianteiro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE