O PP descarta apoiar a expropiación de Meirás á familia Franco

Tellado di que os herdeiros do ditador deberían devolver o pazo e que a Fundación debería disolverse, pero que é legal.


|

Pazomeiras2Tellado evita falar de espolio.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, considerou que a familia Franco "debe reflexionar" e "devolver" o Pazo de Meirás "á titularidade pública".


"É evidente que existen dúbidas sobre a forma en que a familia Franco adquiriu o Pazo de Meirás", sinalou, nunha entrevista nos Almorzos da Radio Galega. Alí mostrouse partidario de buscar fórmulas legais que permitan que este inmoble regrese ás institucións públicas, aínda que rexeitou apoiar unha expropiación.


Doutra banda, considerou que a Fundación Francisco Franco debería disolverse, aínda que lembrou que só un xuíz pode ilegalizar este organismo, que está dentro da lei.


Con respecto ao curso político, situou como prioridade a recuperación económica e "trasladar a mellora da economía ás familias", ademais de lograr "subidas salariais".


Finalmente, sobre o desafío soberanista de Cataluña, Tellado aposta pola moderación e rexeita os pasos do Goberno catalán "cara a unha confrontación innecesaria e improductiva". Do mesmo xeito, ironizou con que Pedro Sánchez "tenta apagar o lume con gasolina", en alusión á súa última proposta sobre as nacionalidades históricas.


relacionada O BNG coloca sobre o PP a presión para reverter "a apropiación de Meirás"
relacionada Membros do BNG 'conquistan' Meirás para reclamar "a súa devolución ao pobo"
relacionada O PP accede a debater que Meirás pase a ser de titularidade pública

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE