Membros do BNG 'conquistan' Meirás para reclamar "a súa devolución ao pobo"

"Carece de toda decencia democrática que sexa xestionado pola Fundación Francisco Franco, que debía ser ilegal", criticou Néstor Rego.


|

MeirasbngpancartasO Pazo de Meirás, 'ocupado'. Foto: BNG

Militantes do BNG e de Galiza Nova entraron no Pazo de Meirás e despregaron varias pancartas a través das que reclaman a devolución da propiedade "ao pobo".


A "ocupación simbólica" produciuse na mañá deste mércores, cando colgaron dúas pancartas, unha horizontal e unha vertical, nas que se puido ler 'O pazo é do pobo galego', 'Que nos devolvan o roubado' así como 'Franquismo nunca máis'.


Néstor Rego, nun vídeo difundido explica que "non ten ningún sentido a continuidade da propiedade da familia Franco e cremos que carece de toda decendia democrática que sexa xestionado por unha fundación como a Fundación Francisco Franco que debía ser ilegal".



O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Fernández, explicou que, con esta iniciativa, buscan que o inmoble "sexa devolto ao pobo" ao considerar que é "un total despropósito que siga pertencendo á familia promotora dunha ditadura".



Así mesmo, destacou que, aínda que a idea inicial era "aproveitar o réxime de visitas" para levar a cabo esta "ocupación simbólica", a entrada produciuse sen autorización ante "os obstáculos" que, segundo denunciou, "a Fundación Franco pon para visitar o Pazo".


Unha vez despregadas as pancartas e tras colgar a bandeira galega coa estrela vermella no mastro do Pazo de Meirás, os militantes do Bloque concentráronse nas inmediacións do inmoble para esixir, unha vez máis, que "sexa devolto ao pobo".


Concentracionmeirasbng


Entre outros, participaron representantes institucionais do BNG, como o deputado autonómico e portavoz de asuntos relacionados coa memoria histórica na Cámara galega, Luís Bará; o portavoz do Bloque en Santiago, Rubén Cela, ou os cargos orgánicos Néstor Rego e Bieito Lobeira.


relacionada O PP accede a debater que Meirás pase a ser de titularidade pública
relacionada A Xunta rexeita levar a iniciativa nas reclamacións sobre Meirás
relacionada O Bloque quere estender a toda Galicia o rexeitamento aos Franco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE