O Bloque quere estender a toda Galicia o rexeitamento aos Franco

O BNG reclama que o Parlamento e a Xunta tomen posición en torno ao conflito con Meirás, como fixo o sábado o Concello de Sada.


|

Pazomeiras 1


O BNG presentou este luns unha declaración institucional e unha proposición non de lei na que lles reclama ao Parlamento e á Xunta que se sitúen en relación ao conflito xurdido co Pazo de Meirás, pedindo a súa "devolución" ao ámbito público e declarando tanto á familia Franco como á Fundación Francisco Franco "non gratos" en Galicia.


Así o explicou en rolda de prensa o deputado nacionalista Luís Bará, que reclamou que desde o Parlamento se lidere un "chamamento a todas as institucións" para que se adhiran á plataforma creada "en prol da devolución do pazo" ao patrimonio público, unha cuestión que, opinou, debería "liderar" a Xunta de Galicia.


Do mesmo xeito, a declaración institucional "condena" as declaracións realizadas pola Fundación Francisco Franco, nas que aseguraban que empregarían a xestión de visitas a este Ben de Interese Cultural para "honrar" a figura do ditador, e pídelle ao Goberno do Estado que se "ilegalice" esta entidade.


A maiores, o BNG reclama que Parlamento e Xunta "apoien" a declaración aprobada polo Concello de Sada pedindo xestionar desde o ámbito municipal as visitas a este espazo, así como que "se impida a entrada da Fundación Francisco Franco neste enclave".


Tras lembrar a "necesidade dunha Lei Galega de Memoria Histórica que evite que sucedan este tipo de cousas", Luís Bará reclamou tamén que desde o ámbito autonómico se declare como "non gratos" tanto á familia Franco como á fundación que leva o nome do ditador pola súa actitude en en relación a Meirás. "É o mínimo que se pode pedir", sentenciou.


O PAZO FOI "USURPADO"


O PSdeG lembrou que foi o "primeiro en solicitar" que se puidese visitar o Pazo de Meirás e manifestou a súa postura ante a controversia xerada pola Fundación Franco, resaltando que o edificio histórico foi "usurpado" aos veciños polo "ditador" e os seus familiares.


A deputada socialista do PSdeG, Patricia Vilán, asegurou que desde o Partido Socialista non se entende "cal é a posición do Partido Popular" e que se terá que valorar a postura do BNG cando se teña por escrito, atendendo tamén ao posicionamento dos membros do PSOE do Concello de Sada, municipio no que se sitúa o Pazo de Meirás.


"Nós estamos en contra do que está a ocorrer no Pazo de Meirás, fundamentalmente, por respecto ás vítimas do franquismo e do golpe de estado de Franco, e por como se usurpou o pazo", concluíu.

relacionada Sada aproba reclamar que Meirás pase a ser patrimonio público
relacionada Tamén a cidadanía se suma ao rexeitamento á Fundación Franco
relacionada A petición para ilegalizar a Fundación Franco chega á Cámara Baixa
relacionada Suma de forzas para recuperar o Pazo de Meirás para o uso público
relacionada A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE