A Fundación Francisco Franco presume de difundir desde Meirás a "grandeza" do ditador
Nun comunicado resalta que a xestión das visitas é unha "excelente oportunidade" para enxalzar "a súa vida e a súa obra".
Interior do Pazo de Meirás. Foto: Xunta
A polémica sobre a xestión das visitas ao Pazo de Meirás por parte da Fundación Francisco Franco escribe un novo capítulo cun comunicado emitido pola propia Fundación.
Así, a FNFF di que "recibiu como unha honra a decisión" de que xestionen as visitas porque "é unha excelente oportunidade para mostrar ao gran público a grandeza da figura de Francisco Franco".
No seu comunicado, onde xustifican o golpe de estado franquista, atribúen o rexeitamento social xerado ao "obxectivo da esquerda" de "desgastar o PP".
A Fundación reitera a súa versión de que o pazo foi "doado polo pobo galego", unha "honra" que o ditador devolveu coa súa "presenza estival" durante toda a Ditadura.
Neste sentido, a FNFF destaca que Meirás "está cheo de recordos da vida e a obra" do ditador, "probablemente o español de maior relevo mundial desde Felipe II", as supostas virtudes e fazañas que teñen intención de divulgar se as administracións públicas non o impiden.
Escribe o teu comentario