A xuíza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco a súa devolución. A maxistrada Marta Canles afirma que os documentos demostran que o Xunta Prol Pazo regalou o inmoble ao xefe do Estado, non a Francisco Franco a título persoal. (Sentencía íntegra no interior).
Toca xa que Europa móllese, como xa o fixo con Hitler, Mussolini ou Stalin, e dígalles a estes Señores herdeiros de Franco que o Réxime do seu avó foi un crime de lesa humanidade.
A Xunta de Galicia, con motivo dunha denuncia propulsada polo Concello de Sada polo incumprimento do réxime de visitas por parte da familia Franco e a través da Consellería de Cultura e Turismo, abriu dilixencias informativas á familia Franco en relación ás visitas obrigadas ao Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, que deben ser catro ao mes polo menos.
O edificio señorial, en mans a familia Franco, está máis preto que nunca de ser recuperado como patrimonio público despois da demanda presentada contra a familia Franco no Xulgado de Primeira Instancia Número 1 da Coruña por parte da Avogacía do Estado. No escrito reclámase a propiedade do inmoble para o Estado, alegando que a súa adquisición por parte dos Franco foi "simulada e fraudulenta", a súa administración mediante fondos e persoal públicos, e o uso que se lle deu durante a ditadura franquista.
O 1 de febreiro celebrarase a primeira sesión do xuízo contra a familia Franco, onde se reclama a devolucion das estatuas de Abraham e Isaac obra do Mestre Mateo. A xuíza que leva a causa admite un informe dun catedrático de arte que demostra que as estatuas foron adquiridas polo Concello de Santiago en 1948.
Os activistas, denunciados pola familia Franco por un acto reivindicativo realizado no Pazo de Meirás, reclamaron nunha manifestación que o Goberno central "non dilate máis a cuestión" e presente a demanda civil para solicitar a devolución do inmoble ao patrimonio público.
O xuízo entre o consistorio de Santiago de Compostela e a familia Franco polas estatuas de Isaac e Abraham, obra do Mestre Mateo, arrincará o vindeiro luns 15 de outubro en Madrid
Desde o Xunta Prol Devolución do Pazo de Meirás tratan de “acelerar” a recuperación da propiedade, hoxe en mans da familia Franco, e pase a ser Ben de Interese Público. A reunión terá lugar na Deputación da Coruña.
A comisión destinada a lograr que o edificio pase a ser patrimonio público busca erros no documento de transmisión patrimonial.
Será o primeiro encargo do concello ao Consello da Memoria Democrática.