Reunión da plataforma que loita por recuperar o Pazo de Meirás

Desde o Xunta Prol Devolución do Pazo de Meirás tratan de “acelerar” a recuperación da propiedade, hoxe en mans da familia Franco, e pase a ser Ben de Interese Público. A reunión terá lugar na Deputación da Coruña.


|

Desde o Xunta Prol Devolución do Pazo de Meirás tratan de “acelerar” a recuperación da propiedade, hoxe en mans da familia Franco, e pase a ser Ben de Interese Público. A reunión terá lugar na Deputación da Coruña.



Pazo de Meirás

Fachada do Pazo de Meirás


O Xunta Prol Devolución do Pazo de Meirás reunirase este venres para "acelerar" o proceso de recuperación da propiedade, segundo informa a Deputación da Coruña, onde terá lugar este encontro.

Explica que terá lugar cando están a piques de terminar "os tres meses que a lei outorga para que a Xunta poida exercer o dereito de tenteo sobre o Pazo".

En concreto, os seus membros reuniranse con carácter de urxencia para analizar a nova situación creada despois de que un dos descendentes de Francisco Franco rexistrase na Xunta, o pasado 7 de xullo, "a comunicación que mostra a súa intención de venda do inmoble".

"Condición que a lei marca para dar oportunidade ao Goberno galego a exercer o dereito de tenteo ao tratarse dun Ben de Interese Público", lembra a institución provincial.

relacionada Vai camiño a Miami o Pazo de Meirás?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE