Juan Domínguez despídese do Dépor e pon rumbo a Reus
O centrocampista anuncia a súa marcha do "club da súa vida", ao que chegou con 14 anos.
Juan Domínguez, nun adestramento.
Tras un verán sabendo que non contaba para os plans de Pepe Mel, Juan Domínguez fai oficial a súa saída do Dépor. O centrocampista, de 27 anos, marcha ao Reus, despedíndose así, tras 12 tempadas, do "club da súa vida".
O xogador non admitiu preguntas na súa comparecencia, aínda que explicou o seu destino e que aínda está pendente de pasar o recoñecemento médico.
A modo de despedida quixo ler unhas palabras:
"Parece que foi onte cando con 14 anos o Deportivo me propuxo vir a Abegondo ao equipo Cadete. 12 tempadas despois e tras 170 partidos co primeiro equipo, despídome do club da miña vida.
Non quero despedirme sen darlles as grazas a todos os compañeiros, a todos os adestradores, á directiva tanto actual como anterior, a todo o persoal do club e a todos os que confiaron en min. Sen vós nunca lograría nada do que conseguín.
Un forte abrazo e Forza Dépor."
Escribe o teu comentario