Localizado con vida o home desaparecido en Noia desde a madrugada do sábado
Segundo sinalara a Garda Civil, era unha desaparición de alto risco, xa que tiña antecedentes de desorientación e podía atopar nunha situación de extrema vulnerabilidade
Localizado con vida Manuel Seoane Mosquera, o veciño de Noia desaparecido desde o seis da mañá deste sábado. O home estaba en Barro e atópase "en bo estado".
Fontes consultadas do Concello de Noia confirmaron a aparición do home ás 15.00 horas no municipio de Barro. Atopábase desorientado polo que tivo que ser atendido por unha ambulancia.
Pola súa banda, o 112 Galicia trasladou que recibiu dúas chamadas de particulares sobre as 13.20 horas da tarde que alertaban da presenza dun home preto da nacional 550, en Barro, indicando que "parecía ocorrerlle algo". Até alí desprazáronse as Urxencias Sanitarias e a Garda Civil.
Segundo sinalara a Garda Civil, era unha desaparición de alto risco, xa que tiña antecedentes de desorientación e podía atopar nunha situación de extrema vulnerabilidade, con posibles intencións autolíticas.
Escribe o teu comentario