O cargo de Adif desvía responsabilidade sobre a seguridade do Alvia

|

CortabitartejuzgadofontinhasAndrés Cortabitarte descoñecía o cambio no proxecto.


O cargo de Adif investigado polo accidente do tren Alvia ocorrido hai catro anos en Angrois, onde morreron 80 persoas e 144 resultaron feridas, asegurou que descoñecía o cambio de proxecto na liña Ourense-Santiago, que supuxo eliminar o sistema de control continuo da velocidade (o 'ERTMS') dos últimos quilómetros do traxecto, incluída a curva na que se produciu o sinistro.


Ademais, segundo fontes consultadas por Europa Press, tratou de desviar responsabilidades sinalando a Renfe --en concreto ao responsable de seguridade da operadora ferroviaria-- e a Ineco -a empresa de consultoría da que Renfe e Adif se reparten máis da metade do accionariado--.


ATA MARZO DE 2011


O primeiro en interrogar o cargo de Adif foi o propio o instrutor da causa, Andrés Lago, que lle atribúe 80 supostos delitos de homicidio e 144 de lesións por imprudencia profesional grave.


Respecto do cambio de proxecto, inscrito nun contexto de anos de debate sobre a data de chegada do AVE á comunidade galega, o cargo investigado asegurou descoñecelo, e indicou, segundo as fontes consultadas, que se decatou "a posteriori", posto que naquel momento ninguén lle dixo nada.


Neste sentido, aseverou que, aínda que o proxecto comezou a configurarse en 2001, el, á fronte do departamento de seguridade, non entrou en xogo na súa validación, segundo a súa versión, ata marzo de 2011.


"A NORMATIVA NON O ESIXÍA"


Na quenda de preguntas do seu letrado, Cortabitarte tratou de ilustrar as súas respostas con exemplos doutros casos, e asegurou que a normativa non esixía a realización dunha análise de risco, e tampouco unha concreta para avaliar o posible fallo humano (como pasou co descoido do maquinista).


Ademais, en concreto sobre o perigo da curva, argumentou que o traxecto se concibe habitualmente como unha liña recta.


OS PERITOS MANTEÑEN DISCREPANCIAS


O enxeñeiro de telecomunicacións César Mariñas, único perito nomeado por sorteo na causa que trata de determinar as responsabilidades penais polo accidente do Alvia, ratificou este xoves que a avaliación integral do risco na liña era "normativamente necesaria".


Fíxoo na súa comparecencia ante o xuíz que instrúe o caso, Andrés Lago, e despois de que o perito Juan Carlos Carballeira modificase parcialmente as súas conclusións, de modo que, tras afirmar que a análise integral "non era obrigatoria", agora opinou que esta avaliación "completa" si era preceptiva pero tamén "se fixo" na liña Ourense-Santiago.


"SEN O AMPARO DO 'ERTMS"


Mariñas tamén se pronunciou acerca de se a análise debería ter en conta en concreto o perigo da curva, ante o que resaltou que, "desde os comezos do ferrocarril, un dos perigos máis evidentes e por tanto máis facilmente identificables sempre foi, xunto ao de colisión, o de descarrilamento".


De feito, dixo que, dentro deste último, o descarrilamento como consecuencia dunha velocidade inadecuada nunha curva "é dos máis evidente". Dito isto, lembrou que este perigo "estaba claramente identificado como tal" na análise preliminar de riscos da subministración da UTE.


Se ese escenario de perigo "xenérico" identificado no estudo previo se aplicase ao caso específico da liña Ourense-Santiago, avisou, e á curva de Angrois, "tendo en conta os seus requirimentos de diminución significativa de velocidade sen o amparo dun sistema de control continuo de velocidade --'ERTMS'--, entón o perigo evidénciase con moita máis claridade". A freada obrigaba a pasar de 200 km/h a 80.


A AVALIACIÓN COMPLETA FÍXOSE


O perito designado pola Xunta, o enxeñeiro de Camiños Juan Carlos Carballeira, aínda que coincide en que era obrigatoria unha análise de risco completo da liña, sostén que si "se fixo".

relacionada Un dos peritos do Alvia di que si se fixo unha avaliación "completa" do risco
relacionada O xuíz do caso Alvia retoma as comparecencias
relacionada Catro anos despois, as vítimas do Alvia seguen pedindo "xustiza e verdade"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress