Aena e Adif facilitan as conexións entre os distintos medios de transporte
Unhas pantallas informativas colocadas en Lavacolla e na estación de ferrocarril manteñen actualizados os horarios do resto de servizos.
![Aeropuertotrenpantallas](/multimedia/images/aeropuertotrenpantallas.jpg)
Pantallas informativas na estación de ferrocarril. //Foto: @infoSCQ
A intermodalidade é un punto a favor para os viaxeiros. Con esta intención, Aena e Adif instalaron paneis informativos para informar das conexións entre a estación de ferrocarril de Santiago e o aeroporto de Lavacolla. Unha información que se completa co seguimento dos servizos de autobús.
A imaxe que precede a estas liñas difundiuna Aeronoticiario SCQ a través de Twitter. A finalidade desta decisión consiste en facer posible completar os itinerarios usando o transporte público coordinado e forma parte dun plan de intermodalidade anunciado en 2014.
Esta é a primeira fase. Na segunda está prevista a implantación dun billete único, primeiro no aeroporto de Santiago e máis tarde na Coruña e Vigo.
Escribe o teu comentario