Aena instala medidores de percepción de calidade nos tres aeroportos galegos

Os dispositivos teñen catro botóns de cores cos que o pasaxeiro pode deixar constania da súa satisfacción


|

Medidoresdesatisfaccionaeropuertos


Aena instalou, nos tres aeroportos galegos, unha serie de dispositivos co fin de medir a percepción que teñen os pasaxeiros e usuarios sobre a calidade dos servizos que facilita nas instalacións aeroportuarias.


Segundo informou a entidade, trátase de dispositivos dotados con 4 botóns de cores -que van do verde a vermello-, situados en filtros de seguridade, salas de recollida de equipaxes e aseos, entre outros puntos, onde o pasaxeiro pode deixar constancia da súa satisfacción polo trato ou servizo recibido pulsando un destes botóns.


O sistema permite medir o grao de satisfacción do pasaxeiro sobre un servizo concreto, ademais de detectar aqueles fallos que se poidan detectar. "Os resultados destas enquisas interactivas levadas a cabo por Aena contribuirán a coñecer de primeira man as necesidades dos usuarios", dixo a entidade, que busca "identificar e modificar aqueles aspectos que afecten á calidade dos servizos".

relacionada Os aeroportos de Santiago e A Coruña crecen en pasaxeiros e Vigo cae un 1%
relacionada O aeroporto de Lavacolla recibirá o nome de Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE