Adif realiza un simulacro de accidente como o de Angrois en Pontevedra

|

Angroiscurva


O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) programou para este martes pola noite un simulacro na Estación de tren de Pontevedra dun accidente ferroviario como o ocorrido na zona de Angrois, en Santiago de Compostela, que se saldou con 80 falecidos e máis dun centenar de feridos.


Segundo desvelou a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, o simulacro desenvolverase na noite do martes 20 ao mércores 21 de xuño.


Este simulacro de emerxencia, organizado por ADIF en colaboración co Grupo Renfe, servirá para consolidar a formación dos equipos de intervención, verificar os procedementos de actuación e avaliar a coordinación entre as institucións participantes.


O exercicio consistirá nun descarrilamento dun convoi á saída da Estación de tren Pontevedra e o incendio no coche de viaxeiros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress