Non serei eu o que colgue a AENA o sambenito de mala xestión aeroportuaria, posto que coa atadura que aínda mantén co Estado resúltalle imposible gañar máis diñeiro do que gaña acudindo á xestión internacional de aeroportos -que tan ben! sabe facer-. Pero, diso, a que aos amigos non haxa que dicirlle de cando en vez que se equivocan, hai un longo treito. Así que, como se di nestes casos, a AENA o que é de AENA e ao Goberno, o que é do Señor Millo, competencia por representación delegada.
Señores ambos: o das colas no Aeroporto do Prat é xa insoportable. Indigno dunha cidade como Barcelona, que explota de turistas por todas partes. Vds., ambos os-dous, comprometéronse publicamente a solucionar un problema que nunca debeu existir. E, con todo, o outro día os viaxeiros tragaron dúas horas de espera porque nin máquinas nin persoal foron capaces de lograr unha celeridade mínima no mellor desenvolvemento dos controis de seguridade e pasaportes ao que se enfrontaban.
Se viaxar en avión xa é caro e, sobre todo, moi penoso para os que tomamos avións por exemplo baixo a marca inglesa Vueling ou a apátrida Ryanair, só faltaba que a nosa empresa aeroportuaria e o noso goberno puxesen a guinda ao pavo da incomodidade meténdonos nunha lista de espera interminable de dúas horas de duración.
Xa está ben. Señor delegado Millo cumpra ou faga cumprir ao seu goberno o que prometeu. Señores de Aena, menos mirar para as autoridades e máis cabrearse coas mesmas en beneficio dos viaxeiros que pagan por viaxar e aos que se lles está fallando estrepitosamente. Como din no meu pobo galego: "Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale". Entesos?
Artigo publicado orixinalmente en Catalunyapress
Escribe o teu comentario