Domingo de praia en toda Galicia

As temperaturas non experimentarán cambios hoxe, aínda que si mañá, cando sairemos da onda de calor para volver a valores máis normais. 


|

Banderaazulplaya


Galicia non espera cambios significativos para o domingo, xa que continuará na influencia das altas presións, con aire moi cálido en superficie. Con esta situación, espéranse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, crecendo nubes de evolución á tarde no interior, que mesmo poderían deixar algún simulacro tormentoso.


Segundo a información de Meteogalicia, as temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas, polo que volverán quedar en valores moi altos para a época do ano, tanto as máximas como as mínimas.


En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 40 graos de Ourense e os 29 da Coruña, mentres que as mínimas estarán entre os 16 graos de Lugo e os 20 da Coruña e Ourense.


A partir do luns empeza a remitir a onda de calor, aínda que o fará paulatinamente con descensos moderados de dous ou tres graos en Ourense e Lugo. Seguirá facendo bo tempo pero darase por finalizada a situación atípica de calor vivida durante esta fin de semana e volveremos a valores máis propios desta época do ano. 

relacionada Galicia, en alerta laranxa por altas temperaturas
relacionada Galicia, en prealearta por onda de calor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE