Galicia, en alerta laranxa por altas temperaturas

Os valores superan os 30 graos desde primeira hora na provincia de Ourense | Na zona do Miño de Ourense e Valdeorras as temperaturas superarán os 39 graos. 


|

Calorturistaselfie


Galicia arrincou a xornada deste sábado inmersa na onda de calor, con alerta laranxa por temperaturas elevadas e valores que superan os 30 graos desde primeira hora.


En concreto, os datos de Meteogalicia xa reflicten valores por encima dos 30 graos en puntos do interior ourensán como Xinzo (30,2ºC) ou Rubiá (30,5ºC).


Do mesmo xeito, o sensor da localidade ourensá de Baltar xa marcaba durante a mañá os 29,5 graos de temperatura e máis cercar do mar, en Pontevedra, situábanse nos 29,6 graos.


A previsión é que a forte calor afecte a toda a comunidade durante todo o fin de semana, especialmente na provincia de Ourense, aínda que se fará máis acusado a partir do mediodía.


Segundo o boletín de Meteogalicia, entre as 15,00 e as 21,00 horas deste sábado o aviso será laranxa na zona de Miño de Ourense e de Valdeorras por temperaturas máximas superiores aos 39 graos centígrados.


Mentres, no mesmo período o aviso será amarelo na zona do Miño en Pontevedra e interior da provincia da Coruña por temperaturas máximas superiores aos 34 graos.

relacionada Galicia, en prealearta por onda de calor
relacionada A Xunta activa un plan para facer fronte ás ondas de calor

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE