O Bierzo conmemora o aniversario de Fernández Morales, un dos precursores do Rexurdimento

Cacabelos (León) acollerá lecturas de poemas e unha exposición con motivo dos 200 anos do autor berciano, organizados polo Grupo As Medulas. 


|

Antoniofernandezmoralesbierzo


O autor berciano Antonio Fernández Morales será homenaxeado con motivo do bicentenario do seu nacemento (1817-1896) o 17 de xuño nun acto organizado polo Gupo As Medulas para a Lingua e Cultura Galegas do Bierzo, que terá lugar no municipio de Cacabelos (León).


Este acto, que contará coa colaboración da Xunta, terá presentación a cargo de Manuel González Prieto, membro do Grupo As Medulas, con lecturas a lado da casa do escritor, ademais dun discurso a cargo do escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.


Entre outras actividades, inaugurarase a exposición 'Fernández Morales hoxe: Creación e Recreacións', no que o grupo As Medulas convidou a diversos creadores a realizar pezas artísticas como a Siro López (caricatura), Xurxo Lobato (fotografía) e Mercedes Queixas Zas (haiku), entre outros.


Militar liberal e progresista, Fernández Morales estivo destinado en Tui (Pontevedra) entre 1841 e 1845. Foi deputado en Vilafranca, onde coñece en 1847 ao filólogo catalán Mariano Cubí, quen lle recomenda empregar a lingua galega nos seus escritos.


En 1861 ve a luz 'Ensaios poéticos en dialecto berciano' --dous anos antes do 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro, constituíndose así en precursor do 'Rexurdimento'--, onde achegou á historia da literatura galega o carácter da comarca do Bierzo, administrativamente leonesa, pero estreitamente vinculada a Galicia, coa que comparte historia, lingua e tradición.


O Grupo As Medulas reivindica a Antonio Fernández Morales como un autor que "non foi investigado o suficiente", a pesar de ser un dos referentes da literatura galega no Bierzo xunto a Frei Martiño Sarmiento, e reclama para el que se lle dedique o Días das Letras Galegas.

relacionada "Rosalía foi capaz ela soa de escribir o relato fundador dos galegos"
relacionada A TVG comeza o rodar a primeira ficción sobre a vida de Rosalía de Castro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE