Renfe pon á venda outros 25.000 billetes de AVE a 25 euros

O segundo lote da súa campaña para celebrar os 25 anos do AVE e tras realizar cambios para evitar o 'colapso' da venda do primeiro


|

Renfe 5


Renfe pon este xoves á venda outros 25.000 billetes para viaxar nos seus distintos trens AVE a un prezo único de 25 euros, o segundo dos lotes deste número de prazas que prevé vender todos os 25 de cada mes para conmemorar os 25 anos da Alta Velocidade, informou a compañía ferroviaria.


O lanzamento do segundo lote terá lugar tras os cambios e melloras que a compañía ferroviaria xa avanzou que realizaría na súa páxina da internet despois do colapso que rexistrou o pasado 25 de abril, ao comercializar o primeiro lote de 25.000 billetes.


De feito, a compañía ferroviaria prevé informar mañá martes en rolda de prensa do dispositivo habilitado para afrontar a segunda venda de billetes de AVE a 25 euros.


A iniciativa forma parte dos actos conmemorativos dos 25 anos da posta en marcha do AVE en España e foi anunciada o pasado mes de abril polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy.


En concreto, trátase de vender 250.000 billetes para todos os seus trens das liñas AVE a 25 euros ao longo do ano, mediante a comercialización de paquetes de 25.000 prazas o día 25 de cada mes, aínda que nun mes, aínda por determinar, lanzaranse 50.000.


No primeiro lanzamento do primeiro lote de 25.000 billetes tivo lugar o pasado 25 de abril, cando a alta demanda provocou saturación e colapsos na páxina da internet. A pesar diso, a operadora vendeu en apenas doce horas todas as prazas promocionais.


Con todo, o presidente da compañía, Juan Alfaro, avanzou a intención da compañía de "dar unha volta" á web para evitar novos problemas ante un incremento de visitas e operacións.

relacionada Renfe pon á venda os billetes para o Tren do Peregrino
relacionada Renfe investirá 266 millóns en mellorar os seus trens este ano

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE