Rocío de Frutos deixará o PSOE se Susana Díaz gaña as primarias

A deputada ourensá do 'non' defende que con Pedro Sánchez á fronte do partido "estariamos no bo camiño".


|

Rociofrutos


A ourensá Rocío de Frutos, unha das 15 deputadas socialistas que mantiveron o 'non' na investidura de Mariano Rajoy, anunciou este mércores que se dará de baixa no partido no caso de que a andaluza Susana Díaz gañe as primarias do PSOE.


Díxoo nunha entrevista concedida á Radio Galega quen comezou a súa militancia en filas socialistas unha vez 'fichada' para concorrer como cabeza de lista ao Congreso por Ourense, nas eleccións xerais de decembro de 2015.


Con todo, a deputada indicou que non prevé que a presidenta da Junta de Andalucía poida facerse coa Secretaría Xeral do PSOE, senón que augurou que Pedro Sánchez se fará coas rendas do partido o próximo día 21.


"Creo que representaría moi ben os valores da socialdemocracia, e que estariamos no bo camiño", opinou De Frutos, á vez que asegurou que lle gustaría que o ex lehendakari Patxi López "se integrase" na candidatura de Sánchez.

relacionada A ourensá Rocío de Frutos doa a iniciativas sociais o diñeiro da súa sanción
relacionada De Frutos, "convencida" de que Pedro Sánchez "dará o paso" nos próximos días

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE