A ourensá Rocío de Frutos doa a iniciativas sociais o diñeiro da súa sanción

O PSOE impúxolle 600 euros de multa por manter o 'non' na investidura de Rajoy e un grupo de militantes fixo unha colecta.


|

Rociodefrutos


A deputada do PSOE no Congreso por Ourense, Rocío de Frutos, decidiu destinar a iniciativas sociais os fondos recadados por un grupo de militantes socialistas para pagar a súa sanción por romper a disciplina de voto na investidura de Mariano Rajoy.


En concreto, un grupo de militantes decidiu realizar unha achega de catro euros por cabeza para compensar á parlamentaria polos 600 euros que lle custou manter o 'non' a Rajoy.


Con todo, segundo fontes socialistas consultadas por Europa Press, a ourensá optou por asumir coa súa nómina do Congreso o pago imposto e doar o recadado polos seus compañeiros de filas.


Así, este mesmo luns entregou ao Comité Antisida de Ourense a metade desta contía, mentres que a parte restante recaerá noutra organización de carácter social.

relacionada De Frutos, "convencida" de que Pedro Sánchez "dará o paso" nos próximos días

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE