O programa 'SmartPeme' da Deputación de Pontevedra supera os 800 participantes
Ademais de talleres dirixidos a pemes, autónomos e emprendedores, tamén conta con servizos de asesoramento sobre novas tecnoloxías.
SmartPeme, a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixida a pemes, persoas autónomas e emprendedoras posta en marcha pola Deputación de Pontevedra, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais no primeiros tres meses de 2017, o que representa un incremento do 47% respecto ás 556 persoas que participaron nolos seus talleres no mesmo período do ano anterior.
Segundo o Goberno provincia, trátase duns datos "moi positivos", que "poñen de manifesto a utilidade do proxecto" e que son o resultado dos "esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento".
En concreto, entre xaneiro e marzo de 2017, SmartPeme ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os cursos abarcaron desde formación básica en redes sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas como Hootsuite ou Facebook Ads.
Ademais, no primeiro trimestre de 2017, os servizos de asesoramento de SmartPeme foron solicitados por 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos das TIC, o que representa un aumento de case o 50%.
Escribe o teu comentario