O 'tramabús' recala en Galicia para evidenciar a "denominación de orixe" da corrupción

Santos defende a chegada do vehículo os días 5 e 6 de maio por casos como o de Naseiro, as vinculacións da Gürtel con Galicia ou a recente investigación de Villar Mir. 


|

Tramabuspodemosgalicia


O 'Tramabús' de Podemos visita o vindeiro venres e sábado, días 5 e 6 de maio, Galicia para denunciar que a "corrupción do PP" ten "denominación de orixe galega" e evidenciar que "non hai dous Partidos Populares diferentes".


Diso informou este mércores nunha rolda de prensa celebrada en Santiago de Compostela a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen asegurou que a "trama" de corrupción que denuncia esta campaña posta en marcha a nivel estatal pola formación morada ten "ramificacións en todas as partes do Estado".


"En Galicia ten unha ramificación das máis importantes, que vén de décadas atrás, con casos de financiamento ilegal do PP como o Naseiro", sinalou Carmen Santos, que citou tamén as vinculacións da 'Gürtel' coa Comunidade galega.


Así, lembrou que o ex secretario xeral do PP galego Pablo Crespo, a quen definiu como unha persoa de "confianza" do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, permanece en prisión pola súa implicación nesta "trama".


OUTROS CASOS


Na súa intervención, a secretaria xeral de Podemos Galicia tamén explicou que tanto o empresario Villar Mir como o seu xenro, Javier López Madrid, foron imputados na operación que investiga un suposto financiamento ilegal do Partido Popular madriñelo. "Eles teñen aquí empresas como Ferroatlántica e, xusto hai un ano, a Xunta concedeulle 30 millóns por un contrato público a Sacyr e OHL", apuntou.


Así mesmo, tamén avanzou que o 'Tramabús' prestará especial atención á situación da sanidade en Vigo que "tantos problemas" causa aos veciños. "O Hospital Álvaro Cunqueiro é un dos grandes exemplos de negocio do Partido Popular, que prexudica tanto ás arcas da Xunta, polo gasto que lle supón, como aos cidadáns polo empeoramento da atención".


Por todo iso, Carmen Santos considerou necesaria a presenza en Galicia desta campaña posta en marcha pola dirección estatal da súa formación. "Dicir que o PP de Galicia non ten nada que ver é un insulto á intelixencia dos cidadáns", sinalou.


TRATOS CON VENEZUELA


Ademais, aproveitou a súa comparecencia ante os medios para cargar contra o proceso que terminou coa venda de Novagalicia Banco ao grupo venezolano Banesco. Respecto diso, censurou que a venda desta entidade financeira, "que foi xestionada directamente polo presidente da Xunta, "acabou" en mans do "maior banco privado de Venezuela". "Pero despois Venezuela é vinculada polo PP con Podemos dunha forma vergoñosa, cando sabemos que quen ten tratos con Venezuela é o señor Feijóo", apuntou.


En concreto, o venres, o autobús sairá desde a cidade de Vigo para facer unha ruta ata Ourense. Pola súa banda, o sábado partirá pola mañá de Lugo ata A Coruña e, xa pola tarde, de Cee ata Santiago.


MOCIÓN DE CENSURA


Ante todo iso, Carmen Santos asegurou que os cidadáns non poden permitir a "berlusconización" de España e emprazounos a participar na mobilización que terá lugar o próximo 20 de maio en apoio á moción de censura proposta polo seu líder estatal, Pablo Iglesias.


"Hai que facer forza común contra un partido imputado que ten detrás a toda unha serie de persoas que son criminais económicos e políticos que están a prexudicar directamente á cidadanía", sinalou.

relacionada Podemos sinala a González, Inda, Blesa, Aguirre ou Bárcenas no seu 'Tramabus'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE