"Todo apunta" a que os incendios da provincia de Lugo foron intencionados

A Garda Civil investiga estes lumes e "traballa para saber quen poden ser os incendiarios". 


|

Incendiomecha


O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, apuntou este mércores que a última vaga de incendios forestais rexistrados na provincia --en Quiroga, Ourol, Cervantes e Sober-- foron intencionados.


"As primeiras informacións tanto dos axentes da Consellería do Medio Rural, como da Policía Autonómica e a Garda Civil nas súas primeiras hipóteses, todo apunta a que a maioría poden ser intencionados", subliñou.


Ademais, Carballo confirmou que a Garda Civil ha aberto unha "investigación" sobre estes lumes. "Están a traballar nestes concellos para saber quen pode ser os incendiarios porque todo apunta a que son intencionados", segundo abundou.


Tamén apelou a "como din os veciños destes municipios, o monte non arde só". "Temos que seguir investigando e esclarecer as causas", concluíu.

relacionada Permanece activo un incendio en Sober que leva arrasadas máis de 100 hectáreas
relacionada Un incendio con cinco focos arrasa 40 hectáreas en Cervantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE