Permanece activo un incendio en Sober que leva arrasadas máis de 100 hectáreas

É o único lume activo en Galicia que supera as 20 hectáreas | Cervantes (95 ha) está controlado e Cualedro (20,4 ha) extringuido.



|

Incendioforestalmotobomba 1


O incendio que queimou máis de 100 hectáreas de superficie arborizada no municipio lugués de Sober permanece activo, segundo informa a Consellería do Medio Rural.


Mentres, o lume declarado en Cervantes, tamén en Lugo, atópase controlado (95 hectáreas arrasadas, 90 delas arborizadas) e o de Cualedro (Ourense) deuse por extinguido sobre as 14,30 horas deste luns tras calcinar 20,4 hectáreas de monte raso.


En canto ao incendio en Sober, o departamento apunta que se iniciou ás 17,50 horas deste domingo na parroquia de Anllo. No seu control traballaron seis axentes, 12 brigadas, nove motobombas, tres pas e cinco helicópteros.


Respecto de Cervantes, as chamas controláronse ás 10,10 horas do domingo tras empezar ás 2,01 horas do sábado con catro focos simultáneos na parroquia de Vilarello. Nos traballos participaron 19 axentes, 26 brigadas, 18 motobombas, unha pa, catro helicópteros e un avión.


Por último, o incendio que quedou controlado ás 10,05 horas deste luns na parroquia de Montes, en Cualedro, deuse por apagado ao redor das 14,30 horas. Traballaron na súa extinción catro axentes, catro brigadas e catro motobombas.

relacionada Dous incendios en Lugo seguen sumando hectáreas devoradas polo lume

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE