Dous incendios en Lugo seguen sumando hectáreas devoradas polo lume

|

Incendiomuios


O incendio forestal declarado este sábado en Quiroga (Lugo) quedou controlado tras afectar a unhas 178 hectáreas de monte raso, segundo informou a Consellería de Medio Rural.


Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural a Europa Press, o incendio rexistrado en Quiroga comezou ás 13,33 horas na parroquia de Outeiro. Nos labores de extinción participan oito brigadas, dúas motobombas, unha pa, sete helicópteros e dous avións.


CONTROLADOS


Pola súa banda, foi controlado ás 10,10 desta mañá o declarado con catro focos simultáneos en Cervantes (Lugo), parroquia de Vilarello. As últimas estimacións elevan a superficie afecta ás 80 hectáreas. Nas tarefas de control traballan 11 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas e unha pa, catro helicópteros e un avión. 


Ademais, foi controlado ás 19,34 horas o lume que se rexistrou ás 14,33 horas na parroquia ferrolá de Marmacón e afecta a unhas 3 hectáreas de monte arborizado. Os primeiros indicios apuntan a que puido ser intencionado. No seu control traballan cinco axentes, 9 brigadas, cinco motobombas e un helicóptero. 


EXTINGUIDOS


Pola súa banda, foi extinguido o incendio do concello de Narón (A Coruña), parroquia de Val. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e os 119 restantes de arboledo. Na súa extinción traballaron 14 axentes, 21 brigadas, 21 motobombas, tres pas e seis helicópteros. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


E ás 10.16 quedou extinguido tamén un incendio rexistrado esta madrugada ás 1,35 no Irixo, na parroquia de San Cosmede de Cusanca, que afectou a 25 hectáreas de monte raso e que reuniu a 3 axentes, 4 brigada, 2 motobombas e unha pa traballando na súa extinción.

relacionada Declarados dous incendios forestais en Quiroga e Ferrol
relacionada A loita contra os incendios forestais desprázase á provincia da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress