Declarados dous incendios forestais en Quiroga e Ferrol

Afectan a 20 e 3 hectáreas de superficie, respectivamente | O lume de Cervantes quedou estabilizado tras queimar 45 hectáreas.


|

IncendioquirogaFoto de arquivo


Dous incendios forestais declarados este sábado permanecen activos en Quiroga (Lugo) e Ferrol (A Coruña) e afectan a 20 e a 3 hectáreas de superficie, respectivamente. Ademais, o lume rexistrado no municipio lucense de Cervantes quedou estabilizado tras queimar 45 hectáreas.


Segundo informaron fontes da Consellería do Medio Rural a Europa Press, o incendio rexistrado en Quiroga comezou ás 13,33 horas na parroquia de Outeiro. As primeiras estimacións provisionais cifran a superficie afectada nunhas 20 hectáreas. Nos labores de extinción participan sete brigadas, unha motobomba, unha pa, seis helicópteros e dous avións.


Pola súa banda, ás 14,33 horas deste sábado iniciouse outro lume na parroquia de ferrolá de Marmacón que afecta a unhas 3 hectáreas de monte arborizado. Os primeiros indicios apuntan a que este incendio puido ser intencionado. No seu control traballan seis axentes, 11 brigadas, cinco motobombas e un helicóptero.


Pola súa banda, o incendio declarado ás 2,01 horas desta madrugada con catro focos simultáneos en Cervantes (Lugo), parroquia de Vilarello, quedou estabilizado.


As últimas estimacións elevan a superficie afectada ás 45 hectáreas. Nas tarefas de control traballan cinco axentes, nove brigadas, seis motobombas e unha pa.


CONTROLADO


Pola súa banda, permanece controlado desde as 19,28 horas do venres o incendio rexistrado ás 9,49 horas no concello de Narón (A Coruña), parroquia de Val.


Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e os 119 restantes de arboledo. Na súa extinción traballan 14 axentes, 21 brigadas, 21 motobombas, tres pas e seis helicópteros. Tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


ACTUALIZACIÓN 23/04: Controlados de Cervantes e Quiroga.

relacionada Controlado o incendio de Narón tras calcinar 450 hectáreas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE