Controlado o incendio de Narón tras calcinar 450 hectáreas

Oza-Cesuras está estabilizado tras queimar 41 hectáreas | Abegondo está controlado tras afectar a 46 hectáreas.



|

Incendionoche


Medio rural informa ás 19:30 deste venres que o incendio rexistrado no concello de Narón, parroquia de Val --que segundo as últimas estimacións afectou a 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e os 119 restantes de arboledo-- quedou controlado.


Segundo o ente autonómico, continúa estabilizado o lume de Oza-Cesuras, parroquia de Cis, que afectou a unhas 41 hectáreas e permanece controlado o incendio de Abegondo, parroquia de Vizoño, cunha superficie afectada de 46 hectáreas


OZA-CESURAS


Permanece estabilizado desde as 09,55 h. desta mañá o incendio de Oza-Cesuras, na parroquia de Cis, que comezou ás 02,09 h. Segundo as últimas estimacións afecta a unha superficie de 41 hectáreas. No seu control levan traballado 3 axentes, 11 brigadas, 9 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.


NARÓN


Ás 19,28 h. desta tarde quedou controlado o lume rexistrado onte ás 09,49 h. no concello de Narón, parroquia do Val. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 444 hectáreas, das cales 325 son de monte raso e os 119 restantes de arboledo. No seu control levan traballado 10 axentes, 19 brigadas, 19 motobombas, 3 pas e 6 helicópteros. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


ABEGONDO


Continúa controlado desde a 01,55 h. desta madrugada o lume en Abegondo, parroquia de Vizoño, tras comezar ás 17,49 h. da tarde de onte. Segundo as últimas estimacións, afectou a unha superficie de 46 hectáreas, das cales 38 son de monte arborizado e 8 de raso. Na súa extinción levan traballado 10 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 3 pas e 1 helicóptero.

relacionada A loita contra os incendios forestais desprázase á provincia da Coruña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE