Un incendio con cinco focos arrasa 40 hectáreas en Cervantes

Iniciouse case ás dúas da madrugada e puido ser estabilizado pasadas as cinco da tarde. | Extinguidos todos os focos do de Carballeda de Valdeorras.


|

Incendiolobiosnoite


Un incendio forestal iniciado á 1:45 da madrugada no concello lugués de Cervantes, na parroquia de Vilaspasantes, quedou estabilizado pasadas as 17:30 desta tarde e a súa extensión mantense nas 40 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural.


O lume estivo formado por ata cinco focos e no seu control traballan 3 axentes, 9 brigadas e 5 motobombas.


CARBALLEDA DE VALDEORRAS


O incendio que desde o pasado venres afectaba á parroquia de Soutodairo do municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras quedou extinguido ao redor das 14,25 horas deste domingo.


Neste incendio houbo seis focos simultáneos, que segundo as últimas estimacións provisionais afectaron en total á unhas 137 hectáreas de monte raso. O resto dos puntos quedaron extinguidos ao redor das nove da noite.


Na extinción deste incendio traballaron 1 técnico, 13 axentes, 28 brigadas, 3 motobombas, 7 helicópteros e 1 avión.

relacionada Un incendio forestal queima 100 hectáreas en Carballeda de Valdeorras
relacionada Extinguido o incendio forestal rexistrado en Cervantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE