Extinguido o incendio forestal rexistrado en Cervantes
A superficie afectada é de ao redor de 20 hectáreas de monte raso.
A Consellería do Medio Rural dá por extinguido o incendio forestal rexistrado esta madrugada no municipio lucense de Cervantes, na parroquia de Cereixedo, e que afectou a unhas 20 hectáreas de monte raso.
A través dun comunicado de prensa, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez concretou que o lume se iniciou sobre as 3,00 horas da madrugada, que sobre as 13,30 horas quedou controlado e ás 17,40 horas estaba apagado. Niso estiveron a traballar tres axentes, 12 brigadas, catro motobombas e un helicóptero.
Coa súa extinción, que se suma ás do mércores nos municipios ourensáns de Melón e Vilariño de Conso, nestes momentos non existe ningún incendio activo na comunidade galega.
Escribe o teu comentario