O sector conserveiro galego, 'en vilo' polas presidenciais francesas

Francia é o "segundo mercado de importancia en exportación" para os conserveiros, que apoian o programa 'europeísta' de Macron. 


|

Anfaco


O secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco-Cecopesca), Juan Manuel Vieites, reparou en que as eleccións presidenciais francesas producen "moita incerteza" no sector conserveiro español, xa que Francia é "o segundo mercado de importancia en exportación".


Neste marco, acerca dos dous candidatos que pasan á segunda volta, puxo en valor o "programa europeísta e xeneroso coa empresa" do líder do movemento En marche!, Emmanuel Macron, "fronte a un proteccionismo de guerra contra a inmigración" da dirixente da Fronte Nacional, Marine Le Pen.


Así, destacou que Macron "conta con sólidos apoios nas finanzas, na empresa e a nivel internacional; e garante a continuidade da situación europea", mentres que Le Pen "é a extrema dereita, que se integra nunha paisaxe que realmente pode prexudicar moito o que é a construción europea e o que son os valores, os códigos e os estilos de vida".


Nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, Vieites trasladou a súa preocupación polo ascenso da ultradereita en Francia, xa que, insistiu en que para o sector conserveiro "é fundamental o mercado francés". En concreto, indicou que en 2016 España e Francia comercializaron 122.000 toneladas de produtos pesqueiros, dos que un 50% eran de Galicia.


En relación a iso, explicou que o contexto actual "significa que para --a conserveira-- existe moita incerteza". "Hai que esperar ao 7 de maio a ver os franceses que deciden. Agora temos unha situación complexa que pode producir distorsión no comercio de España e Galicia no sector conserveiro", recalcou, antes de lembrar o 'Brexit' en Reino Unido.

relacionada Macron e Le Pen pasan á segunda volta das presidenciais francesas
relacionada Macron, esperanza branca
relacionada E se en Francia fracasa o pacto republicano?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE