O PSOE lugués fai piña a favor do AVE a Lugo en 2019
Medio cento de representantes en todos os niveis asinan un manifesto para trasladar o seu "firme compromiso" de defender a chegada da alta velocidade.
Medio cento de representantes socialistas a nivel local, provincial, autonómico, estatal e europeo asinaron a manifesto 'Ave a Galicia 2019, AVE a Lugo 2019'.
Con este manifesto, o PSOE da provincia traslada o seu "firme compromiso" de defender a chegada do AVE a Lugo, do mesmo xeito que o resto da comunidade galega.
O presidente da Deputación, Darío Campos; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o portavoz do Grupo Provincial, Álvaro Santos; e o presidente da xestora provincial, Luís Ángel Lago Lage, leron este documento elaborado coa colaboración dos representantes lugueses socialistas das principais institucións, e coordinado por Santos.
"Desde os gobernos do PP prometían que a alta velocidade era positiva para a provincia e que a farían. Pero a realidade é que nada de nada. Creo que debemos traballar todos, involucrando a xente, para que o AVE a Lugo sexa unha realidade. Temos que conseguilo, porque é de xustiza", manifestaron.
Ademais de quen participou na súa lectura, o manifesto tamén o subscribiron os deputados socialistas no Parlamento Luís Álvarez, Concepción Burgo e José Antonio Quiroga; o senador Ricardo Varela; a deputada no Congreso Margarita Pérez Herráiz; así como o eurodeputado e ex ministro de Fomento José Blanco.
Tamén subscribiron os manifesto alcaldes e portavoces socialistas da provincia.
Escribe o teu comentario