Os PGE garanten a chegada do AVE a Galicia no terceiro trimestre de 2019

No caso da variante de Cerdedo, está programada a tramitación unha vez se reciban as consideracións ambientais. 


|

Avetrenrenfe

O Ministerio de Fomento destacou que o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado 2017 aprobado este venres polo Consello de Ministros contempla "todas as partidas necesarias para facer fronte aos compromisos" a Alta Velocidade a Galicia.


"A finalización das obras da Alta Velocidade a Galicia no terceiro trimestre do 2019 queda asegurada desde o punto de vista orzamentario xa que se recolle toda a dotación para proseguir cos traballos nos tramos pendentes", sinala o departamento estatal nun comunicado.


Tamén se garante a finalización, prevista para 2018, dos traballos entre Zamora e Pedralba de la Pradería (Zamora), aínda que a súa consignación figura nos PGE de Castela e León. As obras, xa adxudicadas, do cambiador de ancho de Pedralba de la Pradería, iniciaranse nas próximas semanas para garantir o citado obxectivo.


No tramo Pedralba de la Pradería-Taboadela-Ourense, licitarase a actuación que resta por contratar para a chegada da Alta Velocidade no prazo comprometido.


En canto ao tramo Monforte-Lugo-Ourense, contémplase o global do investimento plurianualizada na liña, que pasa polo desbloqueo inmediato da tramitación ambiental preceptiva e adecuación dos estudos e proxectos á actual normativa en 2017 para a súa licitación canto antes (variantes de trazado, electrificación a 25 kv e renovación íntegra da liña).


OUTRAS VARIANTES


No caso da variante de Cerdedo, está programada a tramitación unha vez se reciban as consideracións ambientais, lembra Fomento


Os pasos seguintes serán a redacción dos proxectos básicos e construtivos, trámites expropiatorios para a dispoñibilidade de terreos e aprobación de proxectos, "para o que se dotan as partidas orzamentarias necesarias en 2017 e posteriores exercicios".


Na variante de Ourense, continúase coa tramitación dos proxectos, como a recepción de todos os informes preceptivos ou a expropiación dos terreos e bens afectados, para, unha vez finalizados os mesmos, licitar as obras a partir de 2019.


"En todo caso, a prioridade é a chegada da Alta Velocidade a Galicia canto antes e nos prazos fixados, para o que se destinarán todos os recursos humanos e financeiros necesarios para lograr este obxectivo".


INTERMODAIS


Así mesmo, o proxecto de lei inclúe "os investimentos necesarios" para a integración do AVE nos obxectivos europeos de intermodalidade nas cidades.


"Actualmente estase traballando intensamente coas tres administracións implicadas (Concellos, Xunta de Galicia e Ministerio de Fomento) e xa se chegou a acordos nos ámbitos respectivos".


Por iso, Fomento está "en condicións de cumprir co financiamento comprometido en cada unha das cidades". "Restaría, por tanto, nos casos nos que proceda, o desenvolvemento dos convenios de acordo ás fases para executar, estudos informativos preceptivos, redacción de proxectos e autorizacións sectoriais, así como o resto de trámites administrativos para proceder á execución das obras canto antes".

relacionada Os PGE garanten a chegada do AVE a Galicia no terceiro trimestre de 2019
relacionada O PSdeG cre que o AVE a Galicia "máis que ao 2019, irá ao 2022"
relacionada Fomento atrasa a chegada do AVE a Galicia ata verán de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE