A miña xeración viviu colgada á estampiña de Xibraltar español, unha coletilla como a do 'procés' que cansa, e moito, a moitos cataláns. Estes días a pantasma xibraltareña volveu, e non o digo polas estupideces do Premier Picardo, que para gañarse o soldo sacode a badana ao único estado europeo co que lle conviría levarse ben, xa que é o veciño do piso de arriba e, como todos sabemos, é o que mete ruído e non nos deixa durmir.
O Parlamento Europeo xa o dixo moi claro: Xibraltar e Irlanda gozan do dereito veto para os países que padecen anormalidades históricas no seu territorio. Ambas se reservan o dereito de dicir non a esa parte do Brexit, que propuxo Gran Bretaña como solución propia ás súas relacións co resto de Europa.
Supoño que esa decisión cortoulle o sorriso ao señor Puigdemont e ao Señor Romeva, que pretendían unha alianza similar á que provocou o Tratado de Utrech, para así dar renda solta ás súas ilusións soberanistas. E pensar que todo este lio nace pola sucesión no Trono de España en tempos de Luís XIV, o todopoderoso rei francés!
¡Outra vez, Xibraltar! Deixen algúns de historias pasadas y acabemos de una vez por todas con este pesadelo del Brexit. Salvemos entre todos o que mellor beneficie a ambas as partes e, como diría Don Jesús o cura que me bautizou, a partir do pacto que se ha de negociar, cada un na súa casa e Deus na casa de todos. E amén.
Escribe o teu comentario