A versión deportivista do 'Despacito' chega desde Arxentina
Arrasa nas redes sociais unha versión dun das cancións do momento que ben podía ter nacido en Riazor.
Ten dous días, pero xa se fixo mundialmente coñecida. Aproveitando a melodía dunha das cancións do momento, o 'Despacito' de Luís Fonsi, a Peña Arxentina do Deportivo da Coruña difundiu a través de Youtube unha versión con corazón branquiazul.
Dana Martínez Oliver é a intérprete e o vídeo acumula máis de 65.000 reproducións. A nova letra fai gala da 'devoción' polo Dépor con frases como "a min a distancia non me importa nada", "desde que nacín son do Depor" ou "vaias onde vaias vou con vos".
Escribe o teu comentario