Nacionalista ou Wirtlandés

Ángel Piñeiro

Nacido en Santiago de Compostela en 1973. Realizou o seu licenciatura en Física e a súa doctorado en Física Aplicada na Universidade Compostelana. Foi Profesor Asociado durante 6 anos na Facultade de Química da Universidade Nacional Autónoma de México. Realizou un postdoctorado na Universidade de Groningen e foi investigador visitante na Universidade de Southampton e no Instituto Laue-Langevin (Grenoble). É autor de numerosas publicacións internacionais dedicadas principalmente ao desenvolvemento de modelos e simulación computacional de interaccións entre moléculas. É tamén socio fundador de las spin-off da USC “Sofware 4 Science Developments S. L.” e “MDUSe Innovations S.L.”.Actualmente é Profesor do Departamento de Física Aplicada da USC e colabora activamente con las spin-off das cales é promotor. Afeccionado ás novas tecnoloxías, á ciencia ficción e ao running.

Wirtlanddocumentodeidentificacion


Vivimos nunha época na que a maioría dos negocios son máis difíciles de concibir sen internet que sen establecementos físicos abertos ao público. Existen bancos, empresas aseguradoras, universidades, academias, casas de apostas, revistas especializadas, prensa xeral, xogos, tendas de todo tipo… que teñen as súas páxinas web ou aplicacións como único medio para interactuar cos seus clientes. Incluso a administración pública fai cada vez máis uso da internet para facilitar ou axilizar trámites cos cidadáns.


O centro comercial máis grande do mundo, Amazon, non necesita ningunha tenda física na que a xente vaia realizar compras. As redes sociais son lugares virtuais de reunión de moitísimas persoas nos que se intercambia información de maneira moi eficaz xa que os comentarios, fotos, artigos ou vídeos que se soben a estas plataformas son lidos por aqueles aos que lles interesa e ignorados polos demais. Neste escenario, é posible plantexarse a existencia dunha nación virtual, sen territorio físico pero con goberno e poboación real? É necesario que un Estado teña un territorio físico? Podería ser incluso unha vantaxe que unha nación non tivese territorio físico e os seus cidadáns estivesen distribuídos por todo o planeta?


O 14 de agosto de 2008 fundouse Wirtland, unha iniciativa a través de internet que presume de ser o primeiro país virtual. Wirtland non ten edificios, nin cidades, nin rexións, nin fronteiras físicas, aínda que si ten bandeira, escudo, selos e moeda propia. Calquera persoa maior de 18 anos pode solicitar a cidadanía deste país, independentemente da súa orixe, idade ou relixión. Ten censados máis de 5000 cidadáns entre os que se atopan Edward Snowden, Julian Assange e o mismísimo Barak Obama.


Non está recoñecido como país por Nacións Unidas pero, ademais de símbolos nacionais, ten un centro médico en desenvolvemento, un instituto de investigación, unha rede social propia e varios proxectos máis impulsados polos seus cidadáns e gobernantes. O éxito de Wirtland, sen o apoio dalgunha das grandes fortunas, probablemente dependa de se consegue ser sustentable cos seus propios recursos pero independentemente de se este país virtual logra consolidarse, a iniciativa é sen dúbida interesante.


Hai moitas persoas no mundo que non se senten identificadas nin representadas polos seus gobernos ou mesmo polos valores da sociedade na que viven, aos que lles resultaría atractivo ter unha alternativa. Da mesma maneira que se creou Wirtland podería crearse calquera outro país virtual con valores e políticas 'á carta'.


Se a economía converxe cara a unha situación na que os territorios e os bens tanxibles son prescindibles para xerar riqueza, poderían xurdir máis iniciativas parecidas. O poder de convocatoria da internet é absolutamente impresionante. Basta mencionar que Facebook ten máis usuarios recorrentes que o número de habitantes de China ou India. Se unha iniciativa similar a Wirtland lograse un poder de convocatoria comparable, sería bastante difícil paralo.


É difícil imaxinar o que representaría o equivalente ao produto interior bruto xerado polos usuarios de Facebook pero supoñamos que un día se poñen todos de acordo, rompen os seus pasaportes, solicitan a cidadanía de Wirtland ou de calquera outro país virtual e aceptan pagar impostos alí (sendo conscientes dos problemas que isto podería xerar a moi diferentes niveis, imaxinemos que é posible). Unha economía de case 2 mil millóns de contribuíntes que non necesitan construír nin manter infraestruturas físicas, non necesitan exército nin policía porque non hai fronteiras nin propiedade pública que defender. Sería bastante difícil frear a presión de algo comparable.


É moi complicado que tantas persoas se poñan dacordo a semellante nivel xa que de seguro que os usuarios de Facebook teñen ideas e valores completamente diferentes e ata incompatibles uns con outros, pero este exercicio de imaxinación dános unha idea dun escenario con posibilidades reais.


Quizais nalgún momento xurda a oportunidade de escoller, dacordo coas nosas ideas e intereses específicos, unha nacionalidade virtual independente da que teñamos por nacer nun determinado territorio físico. Esta idea é xusto a contraria á dos nacionalismos actuais, que teñen o territorio como núcleo de unión entre os seus cidadáns.


Nun país virtual o territorio sería totalmente irrelevante e o núcleo de unión serían as ideas e os valores dos seus cidadáns independentemente da súa procedencia e lugar de residencia. Cal dos dous modelos ten máis sentido? Se xurdise un país virtual co que comulgases ao 100% (en ideas e valores) e che ofrecese oportunidades de traballo atractivas, que escollerías ser? Galego/Catalán/Vasco, Español ou Wirtlandés?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE