O Celta gaña en Rusia e cítase cos grandes equipos de Europa

(0-2). Hugo Mallo e Aspas marcaron na casa do Krasnodar para igualar o teito celeste en competición europea. Chega aos cuartos por cuarta vez.


|

CeltakrasnodarO Celta celebra un dos goles. // Foto: @UEFAcom_es


Dezaseis anos despois, o Celta regresa aos cuartos de final da Europa League. Faino ademais tras certificar a clasificación con dúas dianas asinadas por xogadores formados na canteira celeste: Hugo Mallo e Iago Aspas. Noite histórica para os vigueses, que este venres coñecen o seu próximo rival no torneo europeo.


Exercicio de seriedade e madurez do Celta no primeiro tempo. Aínda sen ocasións para ningún dos dous equipos, os celestes arrincaron o partido controlando o xogo e rozaron o gol. A clasificación foi máis díficil do que parece para o Celta. A necesidade de remontar un resultado adverso alumou un Krasnodar moi diferente ao que se viu en Vigo.


A falta de definición do Krasnodar foi o factor determinante para que o empate a cero persistise ao final da primeira metade, cun tramo final que se converteu nun duelo de ida e volta, cun Krasnodar moito máis elevado.


Tralo descanso o Celta engadiu os goles, ambos con selo da Madroa. Hugo Mallo abriu o marcador ao comezo da segunda parte, aproveitando un balón rexeitado tras unha gran combinación celeste. O gol concedeu aos celestes calma e acougo, síntomas de madurez. Os cambios deron frescura ao Krasnodar, pero a solidez defensiva do Celta frustrou os intentos rusos por marcar.


A menos de dez minutos para o final Iago Aspas certificou o pase co segundo gol da noite, o que supoñía o 1-4 no cómputo global. O de Moaña picou o balón por encima do porteiro e levou a éxtase a equipo e afección.


O Celta iguala o seu teito histórico en Europa, cuartos de final, algo que non se conseguía desde fai dezaseis anos. Este venres coñecerase o seguinte rival dos vigueses na competición europea. Os posibles rivais: Ajax, Anderlecht, Besiktas, Genk, Lyon, Man. United e Schalke.


FICHA TÉCNICA


0 (1)-KRASNODAR: Sinitsyn, Martynovich, Granqvist, Naldo, Petrov, Kaboré, Gazinskiy, Pereyra (Laborde, min.70), Podberezkin (Mamaev, min.46), Wanderson, Claesson (Joãozinho, min.60).


2 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.74), Pablo Hernández (Beauvue, min.86), Iago Aspas (Roncaglia, min.82), Guidetti, Sisto.


Goles: Hugo Mallo, 0-1, min.52; Iago Aspas, 0-2, min.82.

relacionada O Celta xa está en Rusia para xogar o pase a cuartos da Europa League
relacionada O Celta cae ante o Vilarreal e afástase máis de postos europeos
relacionada O Celta viaxará a Rusia por diante na eliminatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE