O Celta xa está en Rusia para xogar o pase a cuartos da Europa League
Este xoves tratará de impoñerse a o Krasnodar tralo 2-1 conseguido hai unha semana en Balaídos. Na expedición viaxaron tamén afeccionados.
Os celestes saíron de Peinador pola mañá. // Foto: RC Celta
O Celta aterrou este mércores pola tarde en Krasnodar, nun voo chárter procedente de Peinador que despegou á primeira hora da mañá. A expedición está acompañada por unha vintena de afeccionados que compartiron avión cos xogadores, corpo técnico e membros do club celeste.
Os celtistas teñen previsto un adestramento xa este mesmo mércores para tratar de aclimatarse ás condicións nas que xogarán este xoves. O equipo de Berizzo tratará de facer valer o 2-1 da ida en Balaídos e asinar así o pase a cuartos da Europa League.
Pola súa banda, o Krasnodar, minguado polas baixas na ida, podería recuperar algúns efectivos, aínda que a súa estrela, Smolov, segue sendo unha incógnita. Berizzo, en cambio, trala ausencia de Marcelo Díaz, recupera ao Tucu Hernández. A lista de convocados complétana o porteiro do filial Ángel Fraga, Sergio Álvarez, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, Radoja, Bongonda, Guidetti, Aspas, Sisto, Beauvue, Lemos, Jozabed, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia, Rossi, Hjulsager e Pape.
Escribe o teu comentario