Marcelo Díaz, un mes de baixa por unha escordadura de xeonllo

Hugo Mallo recoñece a importancia desta semana para as aspiracións do Celta, ao que non sinala como favorito.


|

MarcelodiazO chileno Marcelo Díaz. //Fonte: RC Celta


A resonancia magnética realizada a Marcelo Díaz revela que o centrocampista sofre unha escordadura de grao II do ligamento lateral interno do xeonllo dereito, trala dura entrada de Soldado contra ante o Vilarreal. Os servizos médicos do RC Celta estiman que o xogador estará de baixa ao redor das catro ou cinco semanas.


En moito menos tempo, nunha soa semana, o equipo vigués afronta dous partidos importantes para as súas aspiracións. O xoves, en Rusia, xóganse o pase de rolda. Hugo Mallo deixa claras as intencións celestes: "Somos un equipo que non sabe especular, así que tentaremos ter a pelota e sairemos a gañar, sen volvernos tolos, e aproveitando todo o que aprendemos na anterior eliminatoria", apuntou o capitán.


"Sabemos da fazaña que supoñería igualar o teito histórico do equipo coa clasificación para os cuartos de final da UEFA e queremos igualala e, se somos capaces, superala" sinalou Hugo Mallo. Pero remarcou que "non somos favoritos. Temos unha lixeira vantaxe pero eles xogan na casa e recuperan xogadores".


En canto rematen poderán pensar no derbi de Riazor "un partido especial, doutra pasta" para o que "non hai escusas".

relacionada O Celta cae ante o Vilarreal e afástase máis de postos europeos
relacionada O Celta viaxará a Rusia por diante na eliminatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE