Ciencia e cociña únense en favor dos legumes

O CSIS inicia en Galicia unha rolda de actos en librerías en torno ao libro 'Las legumbres'. Na súa presentación en Pontevedra participará o chef Pepe Solla.


|

Legumbrescsiclibro


O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) inicia en Galicia este xoves unha rolda de actos en librerías en torno ao libro Las legumbres, publicado no marco da celebración do Ano Internacional dos Legumes en 2016.


En concreto, este xoves arrinca en Pontevedra, na librería Cronopios ás 19,00 horas, e contará coa intervención de Antonio De Ron Pedreira, profesor de investigación do CSIC na Misión Biolóxica de Galicia e coordinador do libro xunto con Alfonso Clemente, científico titular do CSIC na Estación Experiemental do Zaidín (Granada). Acompañará a Antonio De Ron o chef Pepe Solla.


O seguinte acto será o 30 de marzo na librería Couceiro, en Santiago de Compostela. Este evento contará coa intervención de Antonio De Ron Pedreira, quen estará acompañado polo delegado institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés.


A entrada a ambos os eventos en Pontevedra e Santiago de Compostela é libre ata completar aforamento, segundo informou o CSIC.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE