Investigado o alcalde de O Bolo por suposta prevaricación administrativa

O popular Manuel Corzo terá que declarar o próximo 23 de febreiro tras a denuncia presentada polo grupo municipal do PSOE. 


|

Beatrizmatomanuelcorzoobolo

Beatriz Mato co alcalde do Bolo, Manuel Corzo // @BeatrizMato2017


A titular do xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Pobra de Trives citou en calidade de investigado ao alcalde do Bolo, o popular Manuel Corzo, tras a denuncia presentada polo grupo municipal do PSOE na que acusaba o rexedor de suposta prevaricación administrativa.


O rexedor terá que declarar o próximo 23 de febreiro ás 12.00 horas. Segundo informa o edil Juan Ferreira, tanto o alcalde como ao secretaria do Concello non facilitan, desde hai anos, a información e documentación solicitada para exercer o control da actividade política e administrativa do goberno local.


Neste sentido, criticou a "ilegalidade antidemocrática" que constata esta denuncia, e a intención do responsable político de "coartar" o traballo da oposición "de forma intencionada".


A resolución xudicial, coa que se incoou o inicio das dilixencias previas, indicaba que "os feitos presentan características que fan presumir a posible existencia de prevaricación administrativa".


Así, a xuíza ordenou ao Goberno local a documentación relacionada con expedientes e respostas solicitadas polo grupo municipal socialista desde novembro de 2014, así como copia das instancias do PSdeG-PSOE nas que reclamaba a celebración de plenos extraordinarios que, segundo denunciou esta formación, "nunca foron convocados".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE