Falece unha muller por un escape de gas na súa vivenda de Crecente
A vítima deixou aberto o gas de forma accidental na súa vivenda da localidade pontevedresa, no lugar de O Outeiro da parroquia de Albeos.
Unha muller faleceu por intoxicación na súa vivenda da localidade pontevedresa de Crecente logo de que a vítima deixase aberto o gas de forma accidental, segundo informou o CAE 112 Galicia.
O suceso ocorreu ao redor das 13,20 horas deste venres nunha casa situada no lugar de Ou Outeiro da parroquia de Albeos.
Urxencias Médicas puxo o caso en coñecemento do 112 Galicia que, á súa vez, alertou aos Bombeiros de Ponteareas e á Garda Civil, así como á empresa responsable da subministración de gas.
Escribe o teu comentario